RUTAS POR CERVANTES

MÁMOAS DA PENA DOS MOUROS (SAVANE-QUINDOUS)

Na capital municipal, San Román, continuar pola estrada LU-P-0702 que leva ata Quindous, ata atopar un cruce que pola esquerda baixa a Folgueiroa e Savane. Deixar o coche ao principio e coller o primeiro camiño que pola esquerda sobe ata a penichaira onde se atopan as mámoas.

Dificultade: Baixa.

 

 

MÁMOAS DE SAVANE (SAVANE-QUINDOUS)

Deixar o coche no mesmo sitio indicado para as mámoas da Pena dos Mouros. A primeira mámoa, con anta no interior, atópase ao outro lado da estrada. Para o resto, continuar camiñando pola LU-P-0702. As mámoas atópanse á dereita da estrada, pouco antes da pista que baixa cara Vilar de Mouros.

Dificultade: Baixa.

 

 
 

PETROGLIFOS DA CAMPA DO BARREIRO (DONÍS)

Na Campa da Braña continuar pola estrada DP-1401 que vai cara Donís e Piornedo. Entre os quilómetros 13 e 14 hai un panel á dereita da Reserva da Biosfera. Deixar o coche e subir polo sendeiro que vai ata a Campa do Barreiro. Os pretroglifos, os primeiros localizados polo noso colectivo na comarca dos Ancares, atópanse á man esquerda, a carón do camiño.

Na Campa do Barreiro, situada un pouco máis arriba, está a lendaria Fonte dos Namorados.

Dificultade: Media.

 

 

PETROGLIFOS DA CAMPA DE CAMPO REDONDO (PIORNEDO-DONÍS)

Na capela do San Lourenzo do Piornedo coller o camiño que vai cara a Mallada do Mostallar e o Pico Mostallar. A pena coas gravuras atópase no medio da campa, antes dunha pontella de madeira que salva o rego da Veiga Cimeira. Ten forma de altar.

Dificultade: Media.

 

 

PETROGLIFOS DA PENA DO OSO (PIORNEDO-DONÍS)

Dende a capela do San Lourenzo do Piornedo, coller o camiño da dereita que leva ata os petroglifos. O acceso ata a pena non resulta doado debido á matogueira que a arrodea. En dúas penas situadas preto do outeiro tamén se poden ver unhas coviñas.

Dificultade: Baixa. 

 

 

PETROGLIFOS DO PENEDO GRANDE (MOREIRA-DONÍS)

Dende Donís continuar pola estrada CP-3505 que vai a Navia de Suarna. Moreira é o primeiro núcleo de poboación despois do cruce de Piornedo. Dende a parte alta da aldea de Moreira hai que seguir un sendeiro que nos leva ata as inmediacións dos petroglifos.

Dificultade: Alta.

 
 
 

PETROGLIFOS DO CARRILÓN (POSO-PANDO)

Dende Moreira continuar pola estrada a Navia, a CP-3505. Entre os quilómetros 22 e 21, á dereita, sobe unha pista asfaltada ata O Pando, Pradela e Poso. Nesta última aldea hai que coller o primeiro camiño á dereita despois da capela do San Pedro.

Dificultade: Media.

 

 

PETROGLIFOS DO TESO DE ACEVEDO (POSO-PANDO)

Dende a capela do San Pedro de Poso, seguir polo antigo camiño que leva ata a Braña do Pan do Zarco (Navia de Suarna) seguindo as indicacións do mapa.

Dificultade: Alta.

 

 

CASTRO DE SANTA MARÍA (SABADELLE-O CASTRO)

Trátase do único castro escavado, tanto do municipio de Cervantes como da comarca dos Ancares. Sinalizado dende a capital municipal, San Román.

Dificultade: Baixa.

 

 

CASTRO DE CELA (CELA-CEREIXEDO)

En Cela, coller a pista asfaltada que baixa cara a aldea do Río de Cereixedo. O castro atópase nun meandro formado polo rego de Castelo de Frades e o río da Vara.

Dificultade: Baixa.

 

 

O CHAO DO CATRO OU CASTRO DO CHAO (O CHAO-DORNA)

Na estrada DP-0702 que dende San Román vá ata a Campa da Braña e Quindous. Ao Chao báixase por unha pista asfaltada que hai a man esquerda. O castro está a uns 400 metros das últimas casas da aldea.

Dificultade: Baixa.

 
 
 

CASTRO DA PENA TALLADA OU DE SANTA CATARINA (O FABAL-VILASANTE)

Na estrada que vai de Becerreá a Navia de Suarna, desviarse cara As Pontes de Gatín pola estrada LU-723 ata chegar ao Fabal. Deixar aquí o coche e, un pouco máis adiante, coller un sendeiro á esquerda que baixa cara o río Cervantes onde hai que atravesar dúas pontellas de madeira. Continuar polo camiño, cun muíño xunto o río, que sobe cara o castro.

Dificultade: Baixa.

 

 

O TESO DO CASTELO (AIROÁ-CEREIXEDO)

Dende O Fabal, continuar pola estrada LU-723 que vai ata a Ponte de Doiras. O teso atópase á dereita da estrada, entre os quilómetros 18 e 19, nun meandro que forma o río das Casas. Non resulta doado subir ata a cima xa que o impide a abundantísima maleza. Cremos que se trata dun castelo roqueiro altomedieval.

 

 

OS PICOS DA TORRE (PIORNEDO-DONÍS)

O outeiro rochoso atópase á dereita da estrada que vai ata Piornedo, uns 500 metros antes dun hotel. Cremos que se trata dun castelo roqueiro. Nunha rocha atopamos gravado un alquerque de tres.

Dificultade: Baixa.


 

PAZO-CASTELO DE QUINDOUS (QUINDOUS)

Estrada LU-722, Becerreá-Navia de Suarna. Ao chegar á Ribeira, cruzar a ponte sobre o río Navia e continuar pola estrada CP-14-02 que leva ata Quindous.

Dificultade: Baixa.


 

CASA TORRE DE DUMIA (SAN TOMÉ DE CANCELADA)

En San Román de Cervantes, a capital municipal, coller a estrada CP-07-02. Ao pasar a aldea das Seixas, a uns 500 metros, desviarse cara a dereita ata chegar a Dumia. A casa-torre atópase nas inmediacións da capela de San Antonio Abade.

Dificultade: Baixa.


 

CASTELO DE DOIRAS (VILARELLO)

Estrada LU-722, Becerreá Navia de Suarna. En Liber coller a estrada LU-723 que pasa polas Pontes de Gatín. Despois do punto quilométrico 21, pouco antes do núcleo da Ponte de Doiras, desviarse por un sendeiro de terra que pola esquerda leva ata o castelo despois de camiñar uns 300 metros.

Dificultade: Baixa.

 
 

A PONTE VELLA (RÍO DAS PONTES-DONÍS)

Estrada CP-14-01, Campa da Braña-Donís. Ao chegar a Donís, internarse no pobo por un camiño asfaltado que baixa pola esquerda. Atravesar a aldea e seguir polo camiño que leva á igrexa. Continuar pola pista asfaltada non hai moito que vai ata o río e Casa das Pontes. A Ponte Vella atópase a carón da ponte moderna que atravesa o río.

Dificultade: Baixa.

 
 

MOSTEIRO DE DORNA (DORNA)

Estrada LU-722, Becerreá-Navia de Suarna. Ao chegar á Ribeira, cruzar a ponte sobr eo río Navia e continuar pola estrada CP-14-02 ata Quindous. Aquí tomar a CP-14-09. Despois de pasar o cruce que vai a Estremar, auns 400 metros, unha pista asfaltada baixa ata a igrexa mosteiral de Dorna, ao remate do camiño.

Dificultade: Baixa.


 

Para ver a descrición dos xacementos, ver as entradas aos nosos blogues: